CRÓNICAS CONTRA O CINISMO

Relatos dunha xornalista perplexa

[Manifesto] Militar no xornalismo

Manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con motivo do Día Internacional da Prensa 2017

 

O xornalismo é un oficio, un labor artesán. En esencia, todo se fai a man. É, logo, necesario un activismo xornalístico ou, como noutros oficios, abonda un correcto desenvolvemento profesional? Para falar de xornalismo e non de comunicación, da elaboración de contidos, é preciso o activismo. É necesario militar no xornalismo, no seu obxectivo último, mellorar a sociedade denunciando o que está mal. Porque é un servizo básico, como as urxencias e o transporte, e nas folgas se cobre con servizos «máximos».

Nestes últimos anos, o xornalismo non quedou á marxe nin da crise económica nin do deterioro das institucións. Como é sabido, no primeiro caso resultou en despedimentos, precarización ou desprotección laboral dos traballadores dos medios; males que xa parecen endémicos nesta profesión e para os que non hai visos de solución. Mais esta situación de erosión do mercado de traballo non se pode explicar en toda a súa dimensión de xeito illado. Á vista da actual conxuntura do noso sistema político, e tendo en conta que o xornalismo é un piar determinante para o correcto funcionamento da democracia, pode dicirse que, certamente, se ten producido unha mala praxe xeneralizada por parte da prensa.

Seguir leyendo

Colofón [Luzes 41]: A flote

«As baleas existen máis alá do normal, máis alá do que esperamos nas nosas vidas cotiás. Case son máis xeográficas que animais. Se non se moveran, sería difícil crer que están vivas».
Philip Hoare, Leviatán ou a balea.

A de Xosé Iglesias é unha desas historias que paga a pena publicar. Desas nas que te sumerxes para saír coa pel chea de salitre. Salpicando as ondas a cuberta do Villar, neste número 41 navegamos de Punta Galera a Carromeiro. Deixamos a Torre, pasamos a Rabaleira e vogamos vinte millas mar adentro. Démoslle unha volta ao Gran Sol e avistamos baleas en Rockall, no Atlántico Norte, arrolados polo «Eco dos cetáceos / Sonar do abismo / que nos mantén a flote». Seguir leyendo

Colofón [Luzes 40]: Ola, utopía!

O da capa deste número 40 é un título que pode inducir a engano. Goodbye, utopía… Vaia panorama! Non. Non é a nosa intención despedila. Tal cousa significaría renderse, deixarse levar polo desalento. E que sería de nós, dos nosos proxectos, de Luzes, sen utopía? Sirva isto aquí para reivindicala, para alentar o activismo na esperanza e mantela ben apreixada entre os dentes, seguindo o exemplo de Fermín Bouza Álvarez.

Seguir leyendo

Galiza e o día da marmota

“Que farías se estiveses ancorado nun lugar e todos

os días fosen iguais sen importar o que fixeras?”

Phil (Bill Murray) en Groundhog Day.

O pasado 25 de setembro o PP de Alberto Núñez Feijóo reeditaba a súa terceira maioría absoluta en Galiza. Con case o 48% dos votos –dous puntos por riba dos acadados nos comicios de 2012- o candidato popular, “en estado de boa esperanza” aos seus 55 anos, lograba a xesta de conservar esa rara avis no panorama político actual. De todas as comunidades, a vitoria dos conservadores galegos foi (máis que) suficiente para gobernar a pracer, sen negociacións nin pactos. De todas as cámaras de representación, o Senado e o Pazo do Hórreo son, hoxe por hoxe, os únicos viveiros de maioría absoluta (do PP).

Seguir leyendo

Somos ferministas: un acto revolucionario de afecto

A benvida á «República Ferminista Galega» e á «República Galega do Librepensamento» de Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas abriu o «acto revolucionario de afecto» a Fermín Bouza Álvarez co que a revista Luzes e o Concello de Santiago quixeron homenaxear o sociólogo compostelán, falecido o pasado mes de outubro en Madrid. «Hoxe estamos a render contas cunha figura e a facer un recoñecemento necesario. Manolo Rivas escribiu unha vez que o mundo divídese entre os que pisan e os que plantan e Fermín era destes últimos», dixo Martiño Noriega. O alcalde foi o primeiro en intervir nun Teatro Principal ateigado de amizades, familia e recoñecedores «dunha extirpe, a dos Fermín Bouza: Brey, el (Álvarez) e o seu fillo que está aquí (Pena)».

Seguir leyendo

« Siguientes entradas